LEVAMOS MENSAXES
LEVAMOS MENSAXES
(Avelino G.Loureiro/Isauro Gª Ramos)
- Saímos do encontro co Pai
contentos e cheos de luz,
levámoslle a todos co lume da fe,
mensaxes que nacen da Cruz.
LEVAMOS MENSAXES DE VIDA E DE AMOR,
MENSAXES NA NACEN DA CRUZ.
LEVAMOS MENSAXES DE VIDA E DE AMOR,
MENSAXES QUE SEMPRE DAN LUZ.
- Camiños andemos con fe
ó encontro dos homes de ben,
levémoslle a todos mensaxes de amor
que nacen do Verbo de Deus.
- Marchemos, amigos e irmáns,
alegres e cheos de amor;
levémoslle a todos mensaxes de luz
que sempre nos doa o Señor.
- Vaiamos collidos das mans
coa forza do Pan que Deus dá
e coa esperanza dun mundo mellor
levemos mensaxes de paz.