PRETO DE TI, SEÑOR
PRETO DE TI, SEÑOR
(Carlos Otero Padín)
PRETO, MOI PRETO, PRETO DE TI,
XUNTO AO ALTAR VIMOS PEDIR
QUE NON NOS DEIXES NUNCA DA MAN
E ONDA TI VIVIR.
- Testemuñas ser de amor nos mandas
e facer co pobo do Señor
un mundo mellor de xustiza e paz,
familia de irmáns, un mundo novo.
- Por meta os ceos, no ar o timón,
queremos seguirte no teu mar;
se levas Ti o barco non temos temor,
colle as nosas mans para remar.
- Camiñantes somos dun camiño
que precisa sempre do teu pan;
non nos deixes sós para camiñar:
Ti es o alimento, Ti es a Vida.