QUE NON ESQUEZA, SEÑOR
QUE NON ESQUEZA, SEÑOR
(Xesús Méndez Torrado)
- Dános a forza, Señor, para manternos na fe;
vimos, a túa xuntanza, beber do teu viño e comer do teu pan.
Cada mañá o albor é un regalo de Deus; grazas, Señor, pola vida.
Bendito sexas! Es Rei celestial.
QUE NON ESQUEZA, SEÑOR, QUE NON ESQUEZA,
QUE NON ESQUEZA O AMOR QUE TI NOS DÁS.
QUE CON LEDICIA, SEÑOR, RECEMOS XUNTOS
E DIANTE TÚA FAGAMOS SEMPRE A PAZ.
- Que non esqueza, Señor, que Ti es o Creador
do universo infinito, da vida na terra, do Ceo e do Sol.
Somos semente de amor cunha alma que salvar,
que nesta nosa xuntanza contigo recemos con fe de cristiáns.