SEÑOR, NON SON DIGNO (m)
SEÑOR, NON SON DIGNO
(Xosé Luís Reza)
SEÑOR, NON SON DIGNO
DE SER TEU AMIGO,
NIN SON MERECENTE
DO TEU GRAN AMOR.
- Mais eu ben quixera sentirte comigo,
oírte baixiño no meu corazón.
Que tódolos nenos falarán contigo,
sentirán ledicia de terte entre nós.
- Máis xa que Ti queres estar ó meu lado,
quixera dicirche a miña oración.
Que o mundo cambiara, que a xente sorrira,
que houbera xusticia e triunfara o amor.