SEÑOR, EU NON SON MERECENTE 3 (V)
SEÑOR, EU NON SON MERECENTE
(X.Ferro Ruibal)
SEÑOR, EU NON SON MERECENTE
DE QUE ENTRES NO MEU FOGAR,
MAIS UNHA PALABRA TÚA
ABONDA PRA ME SALVAR.
O que coma deste Pan,
o que beba deste Viño,
xa non sentirá máis fame
nin sede polo camiño.
Achegados a esta mesa
na que puxéche-lo pan,
renovámo-la esperanza
da victoria sobre o mal.
Gracias pola terra nai,
polos vales, polos montes.
Gracias polo noso mar,
polos ríos, polas fontes.