SOMOS LIBRES
SOMOS LIBRES
Unha gaivota voaba, voaba,
alas ó vento, corazón ó mar.
Coma ela, somos libres,
somos libres de voar. (BIS)
Unha mapoula medraba, medraba,
berro vermello nun campo calquera.
Coma ela, somos libres,
somos libres de medrar. (BIS)
Un rapaciño dicía, dicía:
“Cando eu sexa grande non vou combater”.
Coma ela, somos libres,
somos libres de dicir. (BIS)
Somos un pobo que abre camiño,
parte á conquista do pan e da paz.
Somos libres, somos libres,
non voltaremos atrás (BIS)
-----------------------------------------------