NACEU O NOSO NENO
NACEU O NOSO NENO
(Nemesio Gª Carril)
1. Na nosa aldea, ao pé da lareira, hoxe naceu outro rapaz.
Din que é a esperanza para a nosa terra,
que coa súa axuda imos trocar.
Din que é a esperanza para a nosa terra,
que coa súa axuda imos trocar.
Fágamos festa rachada, xuntemos tódalas mans,
xa temos outro labrego, para este campo sementar,
para este campo sementar, para este campo sementar.
Fagamos festa rachada, xuntemos todas as mans.
Recitado:
Xeada había polos camiños, xeada había nos corazóns,
ollaban serios, sen aloumiños os pequerrechos e os avós.
Canta tristura na nosa terra!
Mais veu un Neno, tan repoludo, tan feiticeiro, que xenio daba velo;
tan rinte, guapo, tan agasalleiro.
Bombas para arriba, arriba os pés. Que axiña cheguen os aturuxos ata Belén.
2. Agarimemos esta Roseira, non coutelemos o Caravel.
Xuntos faremos unha Galicia, sen inxustizas ha florecer.