PAXARIÑO LOURO

 
 
 

PAXARIÑO LOURO

(Liturxia das Horas / Antón Fdez. León)

 

Sobre o sol e a lúa voa un paxariño

que leva unha rosa a Xesús meniño.

Paxariño louro, gaiteiriño lindo,

cántame no peito que o teño ferido.

 

CÁNTAME NO PEITO, GAITEIRIÑO LINDO

QUE CON XESÚS FALAS NO TEU ASUBÍO.

 

Pola mañá cedo, lindo roisiñol,

hai na túa cantiga orballo de flor.

Orballiño fresco nas pallas do día,

orballiño gracia da Virxe María.

 

PAXARIÑO LOURO, GAITEIRIÑO LINDO

CÁNTAME NO PEITO, QUE O TEÑO FERIDO

QUE O TEÑO FERIDO, LINDO ROISIÑOL,

CO TEU ASUBÍO CÚRAME ESTA DOR.

 

----------------------------------------------------------

 

PAXARIÑO LOURO

(Liturxia das Horas / Antón Fdez. León)

 

mim                                              SOL

Sobre o sol e a lúa voa un paxariño

                         RE             mim   SI7

que leva unha rosa a Xesús meniño.

mim                                  lam

Paxariño louro, gaiteiriño lindo,

                      RE7          SI7     mim

cántame no peito que o teño ferido.

 

SOL                     RE7                      SOL

CÁNTAME NO PEITO, GAITEIRIÑO LINDO

mim                       SI7                             mim

QUE CON XESÚS FALAS NO TEU ASUBÍO.

 

Pola mañá cedo, lindo roisiñol,

hai na túa cantiga orballo de flor.

Orballiño fresco nas pallas do día,

orballiño gracia da Virxe María.

 

MI                                LA          SI7       MI

PAXARIÑO LOURO, GAITEIRIÑO LINDO

LA                       sol#m             SI7               MI

CÁNTAME NO PEITO, QUE O TEÑO FERIDO

MI                                LA          SI7       MI

QUE O TEÑO FERIDO, LINDO ROISIÑOL,

LA                       sol#m             SI7               MI

CO TEU ASUBÍO CÚRAME ESTA DOR.

 

 

Contacto

Nosanaicinhadoceo

PARA PEDIR PARTITURAS OU O QUE SE NECESITE, ESTE É O MAIL DE CONTACTO. ESTAMOS PARA AXUDAR.

UNHA PETICIÓN

Moitas veces os grupos e parroquias recollen nos seus cancioneiros a música que van aprendendo e recollendo de diferentes fontes. Moitas destas cancións, por unha ou outra razón, van perdendo a autoría o que é unha verdadeira mágoa. Disfrutamos dos cantos, pero non dos autores, e xa que con esto da música non é fácil que a xente gañe cartos (si, os músicos tamén comen) e moito menos se é música relixiosa e, por riba, en galego; polo menos desde aquí queremos que os seus esforzos e o seu traballo queden recoñecidos.

Non é por falta de interés que algúns destes autores non aparezan nos cantos, xa que intentamos buscar e preguntar por diferentes medios. Tampouco é fácil conectar cos autores da nosa música, nin no facebook (supoñemos que moitos deles non están sequera conectados).

É por iso que queremos facer unha petición ós autores, ós seus grupos, ós seus familiares... que se poñan en contacto con nós para indicarnos os cantos dos que sabedes, de seguro o autor. Hai varios nos que aparecen o grupo que cantou os seus cantos ou simplemente aparece como "popular", ... precisamente para eses pedimos a vosa colaboración e que ninguén se sinta ofendido por non ver o seu nome.

Por outra banda, queremos deixar claro que nesta páxina non gañamos nin un peso coa música que aquí aparece; para nós este é o noso cancioneiro e a nosa parroquia toda Galicia, e con todos queremos compartir. O noso labor só é divulgativo... porque ese é o valor principal da Igrexa na que cremos, a solidariedade, compartir o que temos e o que somos.

Inda así sabemos que hai xente que non é partidario deste labor, polo que, se alguén non quere compartir con nós a súa música, retiraremos as súas composicións desta web se así o pedise.

Graciñas a todos.