VINDE NENOS E RAPACES
VINDE NENOS E RAPACES
(Ramón Afonso Glez.-Isauro García Ramos)
Vinde nenos e rapaces, vinde neniños tamén,
xuntémonos cos pastores e vaiamos a Belén
para ver a ese Neniño, para ese Neniño ver,
para ver ese Neniño acabado de nacer.
CANTEMOS TODOS, E CON LECER,
A ESE DEUS NENO, NADO EN BELÉN.(2)
GLORIA, GLORIA NA TERRA E NO CEO.
GLORIA, GLORIA IN EXCELSIS DEO.(2)
Vinde grandes e pequenos, vinde do norte e do sur,
para ver ese Neniño que ven se-la nosa luz.
Vinde tódolos galegos cantarlle ó Neno Xesús,
veredes que ben parece o que ha de morrer na Cruz.