XESÚS NACEU (m)
XESÚS NACEU
(Antón Fdez. León)
Xesús naceu na noite daquel Nadal,
cando o amor trocou á Virxe en Nai,
pois queixo Deus facerse home pra nos salvar.
Brincan moi ledos os anxos e reloucan a cantar,
aturuxando pregoan este fermoso alalá.
“Gloria a Deus sempre no ceo e na terra ós homes paz.
Atoparedes un Neno évos Deus, vén vos salvar”
Lévalle esta Boa Nova, cantando dos anxos ós homes de ben,
cántalle unha panxoliña, pois Xesús volveu nacer.(2)