O pobo está na escravitude
O POBO ESTÁ NA ESCRAVITUDE
O pobo está na escravitude,
está na escuridá.
Na noite sofre e arela a luz,
a luz da mañá.
Ó FIN VIRÁ, VIRÁ O LIBERADOR.
VÉN XA, SEÑOR, VÉN, LIBERADOR.
O pobo escravo en marcha está
cara ó seu fogar.
Polo deserto andando vai
buscando a verdá.
Con sede e fame e baixo o sol,
ten de camiñar.
Na noite, ó lonxe, un resplandor,
anuncia a mañá.
O pobo ansía a liberdade
da súa opresión.
Un día o xefe haino levar
á liberación.