PORQUE SOMOS PECADORES
PORQUE SOMOS PECADORES (Himno de Coresma)
( Liturxia das Horas/Antón Fdez. León )
Porque somos pecadores e precisamos perdón,
achegámonos confiados ao Pai do máis grande amor.
Porque levamos no corpo sinais de grande aflición,
achegámonos confiados ao Pai do máis grande amor.
PORQUE CO ESPÍRITO CANSO SENTIMOS TRISTURA A DOR,
ACHEGÁMONOS CONFIADOS Ó PAI DO MÁIS GRANDE AMOR.
Porque queremos curarnos do mal que nos dominou,
achegámonos confiados ao Pai do máis grande amor.
Ó remate da xornada buscando luz e calor,
achegámonos confiados ao Pai do máis grande amor.
NO ESPÍRITO QUE NOS GUÍA EN XESÚS, MESTRE E SEÑOR,
ACHEGÁMONOS CONFIADOS Ó PAI DO MÁIS GRANDE AMOR.