SEMPRE ADIANTE (m)
SEMPRE ADIANTE
(Bernaldo Gª Cendán/Xabier Méndez)
Sempre adiante, sempre adiante,
anque o camiño sexa escuro
levámo-las esperanzas
que escomenzan o futuro (2)
- Non se ve, Señor a espiga
dos grans que Ti sementaches,
pero os grans están na terra,
teñen a forza da vida;
cremos que as espigas túas
han de nacer algún día
e desfaranse as mentiras
nas que este mundo durmía.
- Presos nun grande egoísmo,
matamos a quen nos fala
do mundo novo que agardan
os máis pobres dos teus fillos,
luz chamámoslle ás sombras
e verdade ás mentiras;
acomodados xa na morte,
non anceiámo-la vida.