PASCUA/PENTECOSTÉS
Comeza este tempo co Domingo de Pascua, a festa grande da resurrección e os oito primeiros días forman a Octava Pascual. Durante 50 días celebramos a Pascua e eses son os mellores domingos para cantar o Aleluia, é tempo de celebración e alegría.
Co Domingo de Pentecostés péchase o tempo da Pascua e celebramos a chegada do Espírito Santo. Xesús nos envía a contar a boa nova... estade alegres.