CANTAILLE Ó SEÑOR (m)
CANTAILLE Ó SEÑOR
(Manuel Feixoo)
Cantaille ó Señor un cántico novo
pois fixo marabillas.
Revelou a súa xustiza a tódolos homes.
Aleluia, aleluia, aleluia.
- Cantaille, mociños ó voso Señor,
ós xustos acáelles gabanza e louvor.
- Os ollos de Deus están postos en vós,
cantaille mociños, cantaille ó Señor.
- Que a vosa ledicia relouque de amor,
de amor a ese Deus que relouca por vós.
- Non é polas armas, non é o terror;
os triunfos de Deus, son triunfos de amor.