DEAMOS GLORIA E HONOR
VÍDEO: www.youtube.com/watch?v=vb7Ww9JxAcY&feature=youtu.be
DEAMOS GLORIA E HONOR
(Xesús Portas Ferro)
DEAMOS GLORIA E HONOR
POR SERMOS EN DEUS BENDITOS,
POR TAN GRANDE BENDICIÓN.
- Polo Pai que fixo o mundo
con tenrura e con primor
e que nel se nos amostra
en ecos de admiración.
- Polo Fillo feito home,
de todos liberación,
que nos amou ata o extremo
morrendo na cruz por nós.
- Polo Espírito da vida,
alento e consolación,
que nos fai nova a historia
con xustiza e con amor.