A TÚA FERMOSA IMAXE
A TÚA FERMOSA IMAXE
(Carlos Otero Padín)
LEMBRO A TÚA IMAXE, MARÍA, NOS TEUS OLLOS A PAIXÓN,
DE BÁGOAS ASOLAGADOS, TENTANDO NON SENTIR DOR,
POLO TEU FILLO CRAVADO DO MUNDO REDENTOR.
MARÍA, XOIA FERMOSA, O TEU ROSTRO CHEO DE ALENTO E AMOR.
Cando a ti queira ir e xa non sinta vida,
o teu rostro será a branca luz
no camiño que me leva onda Ti,
sen medo a sofrir, sen medo a morrer.
Cando a paz chegue a min quérome ir contigo
que non sexa o final só un troco de vida
que por fin poida ver teu rostro fugaz tan só una vez.
Esa bruma chegou no correr longo e frío,
Virxe María N, acóugame no teu colo
onde eu quero estar gañando anaquiños da túa luz.
E se hei merecer a túa gracia, María,
de Ti quero gardar o meu sono calado,
sendo parte de Ti, sufrindo tamén contigo onda a Cruz.