CA NOSA NAICIÑA DO CEO - MAGNIFICAT (m)
VÍDEO: www.youtube.com/watch?v=nuJPlyTmg1c
CA NOSA NAICIÑA DO CEO - MAGNIFICAT
(Xabier Méndez)
Ca nosa Naiciña do ceo,
cantémoslle a Deus nesta terra:
nos Milagres, Ollos Grandes e os Remedios,
no Lodairo, na Barca e na Franqueira.
- A miña alma glorifica ó seu Señor,
brinca de ledicia ante o Deus da salvación,
pois El puxo os seus ollos garimosos
na humildanza desta filla benquerida.
- E desde agora chamaranme venturosa,
tódalas nacións hanme dar o parabén,
porque fixo en min marabillas
o que ten de todos nós misericordia.
- El derrubou do seu trono ós soberbios,
ergueu do chan ós humildes e ós pobres,
El encheu de fartura ós famentos
pero ós ricos mandounos baleiros.
- El deulle a man ó seu pobo Israel,
pois El ten entrañas de misericordia,
ó lembrarse da promesa que fixera
en favor de Abraham e dos seu fillos.
-------------------------------------------------------
MAGNIFICAT
(Xabier Méndez)
RE LA RE
Coa nosa Naiciña do ceo,
LA
cantémoslle a Deus nesta terra:
SOL RE LA
nos Milagres, Ollos Grandes e os Remedios,
RE LA RE
no Lodairo, na Barca e na Franqueira.
RE LA SOL RE
- A miña alma glorifica ó seu Señor,
LA SOL RE LA
brinca de ledicia ante o Deus da salvación,
RE SOL LA
pois El puxo os seus ollos garimosos
RE SOL LA
na humildanza desta filla benquerida.
- E desde agora chamaranme venturosa,
tódalas nacións hanme dar o parabén,
porque fixo en min marabillas
o que ten de todos nós misericordia.
- El derrubou do seu trono ós soberbios,
ergueu do chan ós humildes e ós pobres,
El encheu de fartura ós famentos
pero ós ricos mandounos baleiros.
- El deulle a man ó seu pobo Israel,
pois El ten entrañas de misericordia,
ó lembrarse da promesa que fixera
en favor de Abraham e dos seu fillos.