NOSA SEÑORA BENDITA
NOSA SEÑORA BENDITA
(Antón Fdez. León/Isauro Gª Ramos)
-Nosa Señora bendita, nai da Galicia dos mares,
aquí nesta nosa terra, te-la casa e os altares.
Onda Ti vimos, Naiciña, a pedi-los teus favores;
agora e logo, na morte róga por nós, pecadores.
Por ser Nai de Xesucristo, es a mesma nai da Igrexa,
acompaña os noso pasos mentres andamos na terra.
Vén connosco, Virxe Santa, e coida das nosas almas
para que Deus viva nelas coa brancura da súa gracia.
- Cando en Nazaret o anxo che dixo "chea de gracia",
acollíche-la mensaxe e de Deus fuche-la escrava.
Ensínanos Ti, María, a gardar no corazón
a Palabra e ser contigo "irmáns e nai do Señor".
Ó pé da cruz no calvario oímos que Xesús dixo:
"Velaí a túa nai; muller velaí o teu fillo".
Desde aquela, Nai de todos, vives en tantos lugares,
pero os nosos corazóns sonche os mellores fogares.