SALVE, VIRXE BENDITA, MARÍA

 

VÍDEO : www.youtube.com/watch?v=A8TN2TWyt-g&feature=youtu.be

www.youtube.com/watch?v=knvVe7s3faI&feature=related

 

 

SALVE, VIRXE BENDITA, MARÍA

(Música: Arturo Gulías/Harmonización: Isauro García Ramos)

 

SALVE, VIRXE BENDÍTA, MARÍA.

SALVE, RAÍÑA DE CEOS E TERRA.

ARCA SAGRA QUE ENCERRA

TODAS CANTAS GRACIAS NOS FAI DEUS.

 

- De xeonllos postrado ás túas plantas,

suplicante, contrito, che pido

que me mires cal fillo querido,

que me mires con ollos de amor.

 

Ti que e-lo consolo dos tristes,

dá remedio ós fondos pesares.

Ti que é lo luceiro dos mares,

alumea o meu corazón.

 

- Fai, señora, que tódolos mares

poidan ser da túa gloria testigos

e dá a tódolos meus inimigos

paz, amor, caridade e perdón.

 

Fai, Señora, que nunca os erros

teñan casa no meu pensamento,

non te apartes de min un momento

cando o demo me veña a tentar.

 

- Fai que a alma que toda che entrego

chegue ó ben que por tantos suspira

e perdoa a moi tosca lira

que che canta esta pobre canción.

 

Porque quero gozar dos consolos

da católica fe en que creo,

porque quero despois ir ó ceo

pra decote as túas glorias cantar.

Contacto

Nosanaicinhadoceo

PARA PEDIR PARTITURAS OU O QUE SE NECESITE, ESTE É O MAIL DE CONTACTO. ESTAMOS PARA AXUDAR.

UNHA PETICIÓN

Moitas veces os grupos e parroquias recollen nos seus cancioneiros a música que van aprendendo e recollendo de diferentes fontes. Moitas destas cancións, por unha ou outra razón, van perdendo a autoría o que é unha verdadeira mágoa. Disfrutamos dos cantos, pero non dos autores, e xa que con esto da música non é fácil que a xente gañe cartos (si, os músicos tamén comen) e moito menos se é música relixiosa e, por riba, en galego; polo menos desde aquí queremos que os seus esforzos e o seu traballo queden recoñecidos.

Non é por falta de interés que algúns destes autores non aparezan nos cantos, xa que intentamos buscar e preguntar por diferentes medios. Tampouco é fácil conectar cos autores da nosa música, nin no facebook (supoñemos que moitos deles non están sequera conectados).

É por iso que queremos facer unha petición ós autores, ós seus grupos, ós seus familiares... que se poñan en contacto con nós para indicarnos os cantos dos que sabedes, de seguro o autor. Hai varios nos que aparecen o grupo que cantou os seus cantos ou simplemente aparece como "popular", ... precisamente para eses pedimos a vosa colaboración e que ninguén se sinta ofendido por non ver o seu nome.

Por outra banda, queremos deixar claro que nesta páxina non gañamos nin un peso coa música que aquí aparece; para nós este é o noso cancioneiro e a nosa parroquia toda Galicia, e con todos queremos compartir. O noso labor só é divulgativo... porque ese é o valor principal da Igrexa na que cremos, a solidariedade, compartir o que temos e o que somos.

Inda así sabemos que hai xente que non é partidario deste labor, polo que, se alguén non quere compartir con nós a súa música, retiraremos as súas composicións desta web se así o pedise.

Graciñas a todos.