SEÑORA DO COLEXIO (m)
SEÑORA DO COLEXIO
(Fernando Diéguez)
Señora do noso colexio, Santa María
escoita garimosa esta cantiga.
Dáme forza na loita, luz pro camiño,
que poida camiñar sempre contigo.
Ti es, no mar furioso, estrela e guía;
faime chegar, faime chegar a porto
Santa María, Santa María.