VIRXE DO CARMELO
VIRXE DO CARMELO
(Carlos Otero Padín)
DENDE A TERRA MIRO O MAR E O CEO
É A LUZ DA VIRXE DO CARMELO
XURDINDO DENDE AS TEBRAS
CO SEU CORAZÓN NAS MANS
POR MOR DE SANA-LO MUNDO ENFERMO.
No bruar do mar e vento Ti pos calmo o seu soar,
gardando dos mariñeiros co amor dunha nai.
Esgotas as túas forzas o mesmo que o Señor
que quixo salva-lo mundo pagando El por nós.
Virxe santa do Carmelo non nos deixes da túa man
que a tristura escura afaste e nos deixe voltar.
Os teus fillos mariñeiros collidos da súa man
cantan himnos á Señora, Nai de tódalas nais.