VIRXE SANTA DO CARMELO
VIRXE SANTA DO CARMELO
(Letra: Ramón Cabanillas-X.Portas/Música: José L. Míguez)
VIRXE SANTA DO CARMELO,
NAI DO AMOR E DO CONSOLO,
CO TEU FILLIÑO NO COLO
ENTRE ESTRELAS HA BRILLAR.
Amorosa e compasiva
acolle con agarimo
o pobo que busca arrimo
ó carón do teu altar.
Nai dos homes mariñeiros,
dos ceos e mailos mares,
protexe os nosos lares
e devólveno-la paz.
Cando a morte nos visite
recolle nas túas palmas,
benditas as nosas almas
e preséntallas ó Pai.