EUCARISTÍA (TAIZÉ)
VÍDEO: www.youtube.com/watch?v=konSlGmZmpc&feature=youtu.be
EUCARISTÍA (Taizé)
(Antón Fdez. León)
Polos vieiros da vida, Señor,
cansos chegamos, famentos de paz.
Coida de nós, pois e-lo Pastor,
nos seus verdes pastos fainos repousar.
XUNTOS CHEGAMOS Ó TEU ALTAR
PARA COME-LO PAN DA VIDA,
CORPO ENTREGADO POR TODOS,
SANGUE VERTIDO DE EUCARISTÍA.
Eu non merezo que veñas a min,
teño pecado por falta de amor.
Di unha palabra e quedarei san
para achegarme á comunión.