LÉVAME CARA O CEO
LÉVAME CARA O CEO
(Xesús Méndez Torrado)
-Que o Señor para sempre che abra as portas do Paraíso
e te acolla no seu Reino onde telo teu destino.
Gozarás eternamente na Nova Terra da Vida.
SEÑOR, ESCOITA A PREGARIA
POR ESTE IRMÁN QUE CHAMACHES
QUE A LUZ ETERNA PARA EL BRILLE
E QUE CONTIGO DESCANSE.
- Cando a morte nos sorpenda dáno-la túa man amiga
e terémo-la certezaq de que a morte leva á Vida.
Onda Ti pedirche vimos coa nosa alma ferida.
- Cando chegue a miña hora, dáme manter o sentido
e estar certo na esperanza de que vivirei contigo.
Dos pecados e das culpas quero estar arrepentido.
SEÑOR, INVOCO O TEU NOME,
TI E-LO DEUS EN QUE EU CREO.
ESCOITA A MIÑA PREGARIA
E LÉVAME CARA O CEO.