S.129 A MIÑA ALMA TEN POSTA A CONFIANZA (m)
A MIÑA ALMA TEN POSTA (S.129)
(Xabier Méndez)
A miña alma ten posta a confianza no Señor,
tena posta no poder da súa palabra
a miña alma agarda suspirando ó seu Señor
máis do que agarda o vixía pola aurora.
- Desde o fondo da miña miseria
día e noite chamo por Ti, Señor;
non me torzas a cara, meu Deus,
escoita atento a miña oración.
- Se Ti levas a conta dos nosos pecados,
ninguén poderá seguir máis tempo en pé;
mais de Ti, Señor, vénnos o perdón
pra que sempre te sirvamos con amor.
- A miña alma ten posta a confianza no Señor,
tena posta no poder da súa palabra:
a miña alma agarda suspirando ó seu Señor
máis do que agarda o vixía pola aurora.
- Que poña Israel no Señor a súa esperanza
como a pon o vixía na alborada:
pois El vénnos traer misericordia,
vénnos a todos redimir con abundancia.