S.71 AGARDADE QUE CHEGUE (m)
AGARDADE QUE CHEGUE (S.71)
(Xabier Méndez)
Agardade que chegue o noso gran libertador,
hase doer do pobre e do necesitado,
sendo El a vida
de tódolos que se senten magoados.
- Dálle ó Rei o teu sentido, meu Deus,
dálle xustiza ó fillo do Rei:
gobernará así a túa nación con xustiza
tratando ós humildes con equidade.
- Traédelle montes a paz a esta nación,
traédelle outeiros a xustiza.
El será quen amparará ós humildes
dándolle vida ós fillos dos pobres e reprimindo ós opresores.
- Durará como o sol e como a lúz,
vivindo por séculos dos séculos:
será cal chuvia que cai nos pasteiros,
cal chuvieiras que regan a terra.
- Ha de florece-la xustiza nos seus días
haberá abundancia de paz ata que acaben as lúas.
El será o Señor de mar a mar,
desde o Nacente ata o Cabo do mundo.