S.150 CORREDE, BULIDE A CANTAR (m)
CORREDE, BULIDE E CANTAR (S.150)
(Manuel Feixoo)
Correde, bulide a cantar, meus irmáns
ó Deus grande polo ben que nos fai.
-Gabádeo os homes no seu santuario,
gabádeo os anxos no seu firmamento.
-Louvade humildosos a súa maxestade,
gabade a cotío as súas obras magníficas.
-Louvaino gozosos co son de trompetas,
louvaino tamén con salterios e cítolas.
-Tocaille e cantaille os mozos e mozas,
os vellos e os nenos e tódalas cousas.
-Todo ser que alenta aclame ó Señor,
no ceo e na terra, no mundo ó redor.