S.148 LOUVADE Ó SEÑOR (m)
LOUVADE Ó SEÑOR (S.148)
(Xosé Ramón Estévez)
Louvade, louvade, louvade ó Señor,
os ceos e a terra alaben a Deus.
-Gabai ó Señor nos ceos,
gabaino nas alturas;
louvádeo tódolos seus anxos,
louvádeo tódolos seus exércitos.
-Aclamámeo sol e lúa,
aclamádeo estrelas todas lucentes;
gabaino ceos dos ceos,
e as augas de sobre os ceos.
-Reis e pobos do mundo,
príncipes e xefes da terra;
os mozos e tamén as mozas,
os vellos xunto cos nenos.
-Louven o Nome do Señor,
o único nome sublime;
louvanza de tódolos seus fieis,
de Israel, o seu pobo escollido.