S.18 AS TÚAS PALABRAS, SEÑOR
AS TÚAS PALABRAS, SEÑOR
( Antón Fdez. León)
AS TÚAS PALABRAS, SEÑOR,
SON ESPÍRITO E VIDA. SON ESPÍRITO E VIDA.
A lei do Señor é perfecta, reconforta a alma.
A declaración do Señor é firme, fai sabio ao inxenuo.
Os mandatos do Señor son rectos, aledan o corazón.
O precepto do Señor é limpo, ilumina os ollos.
A vontade do Señor é pura, permanece por sempre;
as decisións do Señor son verdadeiras, enteiramente xustas.
Dígnate aceptar a palabra da miña boca e o sentir do meu corazón.
Señor, ti é-la miña rocha, o meu Redentor.