CANTO DA MAÑÁ (m)
CANTO DA MAÑÁ
(Andrés Gª Vilariño/Xosé Cruz Romero)
-Con Cristo, nova luz, fillos do día,
imos cara ó Señor nesta xornada.
A claridade creba as nosas sombras
e enche o corazón de paz gozosa.
-Que o Pai, o noso Deus, lume do mundo,
limpe a confusión dos nosos ollos,
que nos permita ve-la nosa herdanza
pois nos resucitou con Xesús Cristo.
-Honor e gloria ó Pai, Señor dos mundos,
polo noso Señor resucitado
e polo alento do Espírito Santo
e sempre será Santo eternamente.