HEI DE CHAMARCHE PAI
HEI DE CHAMARCHE PAI
(Liturxia das horas/P.Josico)
PAI HAS DE OIR ESTE DICIR
QUE SE ME ABRE NOS BEIZOS COMA FLOR.
HEI DE CHAMARCHE PAI,
POIS É A PALABRA QUE SABE A MÁIS AMOR.
- Sei que son teu na miña carne
prendido mirei o teu fulgor.
Has me axudar a camiñar
sen esfolla-la miña rosa de esplendor.
- Por canto son, gracias che dou
polo puro milagre de vivir
e polo ver a tarde arder,
e polo encantamento de existir.
- Tra-lo vivir dame durmir
cos que ataches aquí ao meu querer.
Dame, Señor, fondo soñar;
que un fogar dentro de Ti nos has facer.