HORA DE GRACIA (m)
HORA DE GRACIA
(Andrés Gª Vilariño/Xosé Cruz Romero)
-Escurecen co loito as montañas,
nesta hora de nona.
O Señor racha o veo do templo,
nesta hora de nona.
Co pranto berraron as pedras,
nesta hora de nona.
E Xesús inclinou a cabeza,
nesta hora de nona.
HORA DE GRACIA
QUE TRÁE-LA PAZ A ESTA TERRA
POLO SANGUE DE CRISTO.
-Levantaron os ollos os pobos,
nesta hora de nona.
Contemplaron ó que traspasaron,
nesta hora de nona.
O costado deitou sangue e auga,
nesta hora de nona.
Quen o viu é quen dá testemuño,
nesta hora de nona.