OS SANTOS (m)
OS SANTOS
(Xosé Ramón Estévez)
Bendito, bendito, Señor nos teus Santos.
Bendito, bendito por sempre, Señor.
- Os Santos no Ceo felices están:
por sempre na gloria con Deus reinarán.
- Os Santos gozando da gloria de Deus,
refulxen e brillan no alto do ceo.
- Os Santos ditosos por sempre han vivir,
pois luz inmorrente alúmaos sen fin.