XA VÉN A CLAROR DO ABRENTE (m)
XA VÉN O CLAROR DO ABRENTE
(Xosé Ramón Estévez)
- Xa vén o claror do abrente,
a noite vai esvaída:
ó Señor, dono do mundo,
preguémoslle con voz nidia. Amén.
- Teña compaixón de nós,
que fuxa o remordemento.
Que dea Deus saúde e
o don precioso do ceo.
- Concédenos isto Deus,
o Pai e o Fillo e o Espírito,
a súa gloria vai cantando,
do mundo enteiro o rodicio. Amén.