XESÚS, SOL DA SALVACIÓN (m)
XESÚS, SOL DA SALVACIÓN
(Xosé Ramón Estévez)
-Xesús, sol da salvación,
brilla nas nosas conciencias,
mentres rexeitada a noite o novo día alumea,
o novo día alumea. Amén.
-Ti que nos dá-la ocasión
de facer caridade,
dános, con ríos de bágoas,
lava-las nosas maldades.
-Da fonte onde xurrou
cachoada de malfeitos,
xurdirán tamén bagullas
do corazón arrepentido.
-O teu día velai vén,
día en que todo florece,
voltos por Ti ó caminho,
aledémonos por sempre.
-Que te adore a creación,
clementísima Trinidade;
nós pola gracia anovados,
cantémosche con devoción. Amén.