CANCIÓN DO PELEGRÍN
CANCIÓN DO PELEGRÍN
(Esteban Vaquero)
POLO CAMIÑO QUE HAI QUE PERCORRER,
ONDE OS PAXAROS E AS ESTRELAS VES.
SON PELEGRÍN QUE ANDA SEN PARAR
E BUSCA SEN CESAR CHEGAR A TI, SEÑOR,
E CAMIÑANDO CANTO UNHA CANCIÓN
QUE SAE DENDE O FONDO DO MEU CORAZÓN.
E se tropezo, axúdame, Señor,
pois aínda caio e non teño intención;
só, Señor escoita esta canción,
que é unha oración na que pido perdón,
porque, Señor, a canto con amor,
sabendo que Ti estás na reconciliación.
E cando chegue, mírame, Señor,
no meu cansancio hai unha ilusión;
a de saber que Ti estás xunto a min
no fondo do meu ser, e sinto o teu fulgor
como unha luz que brilla sen parar
e fai ilumina-la túa creación.