O AMOR É O MEIRANDE (V)
O AMOR É O MEIRANDE
(X.Portas Ferro)
Cobizade os dons máis perfectos
e non os que campan mellor,
preferindo sempre entre aqueles
o meirande que é o amor.
O AMOR É O MEIRANDE DOS DONS
QUE NOS VEÑEN DE DEUS.
O AMOR É O MISTERIO
QUE TODOS NOS CÓMPRE ENTENDER.
Podo do diviño e do humano
en estrañas linguas falar,
se non teño amor son talmente
coma o badalar da campá.
Podo coñece-los misterios,
podo ser profeta ou doutor,
podo pola fe mover montes,
se non teño amor, nada son.
Podo consumir en esmolas
o meu capital e os meus bens,
pódome deixar queimar vivo,
se non teño amor, que máis ten?