O ensaio dos cantos

 

 

Non é o mesmo animar unha asemblea de nenos que una de adultos, tampouco unha Noiteboa que un 2 de novembro.

Conviría chegar a un acordo coa asemblea e co que preside para destinar uns minutos antes da celebración ao ensaio. [É desexable contar cunha boa dose de xovialidade, boa presenza, seguridade musical e algo de sentido do humor]

 

Suxerencias

- Antes do ensaio, o grupo de músicos e cantores deberá ter claro como se desenvolverá o mesmo.

- Non convén ensaiar moitas cousas novas.

- Empezar cantando algo coñecido e que guste á xente.

- Dicir en que momento vaise a cantar cada canto ensaiado.

- Ás veces pódese facer notar ou corrixir algún xiro. (Tamén resaltar algunha frase máis apta para facer oración).

- É necesario que a xente teña a letra dos cantos (a menos que sexan moi fáciles de memorizar).

 

- Empezar cantando o canto para que a asemblea o escoite (como máximo acompañado dun só instrumento).

- Se é a varias voces, inicialmente só se cantará a voz principal.

- Logo ensaiar o refrán (por partes se é necesario).

- Cántao o animador e repíteo a asemblea. Logo convídase á xente a que o cante soa. Corrixir e estimular.

- Logo ensaiar as estrofas.

- Se hai varias voces vanse ensaiando, e incorporando máis instrumentos.

- Pódese alternar entre naves, ou entre homes e mulleres.

- Ter coidado co uso do micrófono: non "tapar" o canto comunitario.

- É importante que a xente se escoite a si mesma cando canta.

 

- Se o canto non é fácil de aprender, non convén cantalo na celebración ata que a xente senta segura (sobre todo se é o canto de entrada, ou unha aclamación, ou é do Ordinario).

- O ensaio previo é unha boa preparación á celebración e é notorio o progreso das comunidades que o realizan.

 

 

 

 

 

 

Este artigo orixinalmente foi confeccionado  para uso da Escola de Servizos e Ministerios da Diócese de Viedma (Arxentina).

 https://www.hansa-sur.com.ar/liturxia/canto.htm

Contacto

Nosanaicinhadoceo

PARA PEDIR PARTITURAS OU O QUE SE NECESITE, ESTE É O MAIL DE CONTACTO. ESTAMOS PARA AXUDAR.

UNHA PETICIÓN

Moitas veces os grupos e parroquias recollen nos seus cancioneiros a música que van aprendendo e recollendo de diferentes fontes. Moitas destas cancións, por unha ou outra razón, van perdendo a autoría o que é unha verdadeira mágoa. Disfrutamos dos cantos, pero non dos autores, e xa que con esto da música non é fácil que a xente gañe cartos (si, os músicos tamén comen) e moito menos se é música relixiosa e, por riba, en galego; polo menos desde aquí queremos que os seus esforzos e o seu traballo queden recoñecidos.

Non é por falta de interés que algúns destes autores non aparezan nos cantos, xa que intentamos buscar e preguntar por diferentes medios. Tampouco é fácil conectar cos autores da nosa música, nin no facebook (supoñemos que moitos deles non están sequera conectados).

É por iso que queremos facer unha petición ós autores, ós seus grupos, ós seus familiares... que se poñan en contacto con nós para indicarnos os cantos dos que sabedes, de seguro o autor. Hai varios nos que aparecen o grupo que cantou os seus cantos ou simplemente aparece como "popular", ... precisamente para eses pedimos a vosa colaboración e que ninguén se sinta ofendido por non ver o seu nome.

Por outra banda, queremos deixar claro que nesta páxina non gañamos nin un peso coa música que aquí aparece; para nós este é o noso cancioneiro e a nosa parroquia toda Galicia, e con todos queremos compartir. O noso labor só é divulgativo... porque ese é o valor principal da Igrexa na que cremos, a solidariedade, compartir o que temos e o que somos.

Inda así sabemos que hai xente que non é partidario deste labor, polo que, se alguén non quere compartir con nós a súa música, retiraremos as súas composicións desta web se así o pedise.

Graciñas a todos.