Xente nova (a)

 

 

XENTE NOVA

 

DANOS UN CORAZÓN                                   

GRANDE PARA AMAR,                                

DANOS UN CORAZÓN                                              

FORTE PARA LOITAR.

   

 - Xente nova, creadora da historia

constructora de nova humanidade.

Xente nova que vive a existencia

como risco dun longo camiñar.

 

- Xente nova, loitando na esperanza

camiñantes, sedentos de verdá.

Xente nova, sen freos nin cadeas,

Xente ceibe que esixe liberdá.

 

- Xente nova, amando sen fronteiras,

por enriba de razas e lugar.

Xente nova á beira dos pobres,

compartindo con eles lar e pan.

 

--------------------------------------------------------------

XENTE NOVA

Sim              FA#  Sim

DANOS UN CORAZÓN                                   

SOL      LA7       RE –(FA#)

GRANDE PARA AMAR,                                 

Sim        FA#        Sim

DANOS UN CORAZÓN                                              

LA                          Sim

FORTE PARA LOITAR.

   

 Sim            SOL          LA7               RE

- Xente nova, creadora da historia

  SOL                    LA7                       RE

constructora de nova humanidade.

Sim             SOL             LA7          Sim

Xente nova que vive a existencia

          SOL                    Mim               FA#

como risco dun longo camiñar.

 

- Xente nova, loitando na esperanza

camiñantes, sedentos de verdá.

Xente nova, sen freos nin cadeas,

Xente ceibe que esixe liberdá.

 

- Xente nova, amando sen fronteiras,

por enriba de razas e lugar.

Xente nova á beira dos pobres,

compartindo con eles lar e pan.

 

 

Contacto

Nosanaicinhadoceo

PARA PEDIR PARTITURAS OU O QUE SE NECESITE, ESTE É O MAIL DE CONTACTO. ESTAMOS PARA AXUDAR.

UNHA PETICIÓN

Moitas veces os grupos e parroquias recollen nos seus cancioneiros a música que van aprendendo e recollendo de diferentes fontes. Moitas destas cancións, por unha ou outra razón, van perdendo a autoría o que é unha verdadeira mágoa. Disfrutamos dos cantos, pero non dos autores, e xa que con esto da música non é fácil que a xente gañe cartos (si, os músicos tamén comen) e moito menos se é música relixiosa e, por riba, en galego; polo menos desde aquí queremos que os seus esforzos e o seu traballo queden recoñecidos.

Non é por falta de interés que algúns destes autores non aparezan nos cantos, xa que intentamos buscar e preguntar por diferentes medios. Tampouco é fácil conectar cos autores da nosa música, nin no facebook (supoñemos que moitos deles non están sequera conectados).

É por iso que queremos facer unha petición ós autores, ós seus grupos, ós seus familiares... que se poñan en contacto con nós para indicarnos os cantos dos que sabedes, de seguro o autor. Hai varios nos que aparecen o grupo que cantou os seus cantos ou simplemente aparece como "popular", ... precisamente para eses pedimos a vosa colaboración e que ninguén se sinta ofendido por non ver o seu nome.

Por outra banda, queremos deixar claro que nesta páxina non gañamos nin un peso coa música que aquí aparece; para nós este é o noso cancioneiro e a nosa parroquia toda Galicia, e con todos queremos compartir. O noso labor só é divulgativo... porque ese é o valor principal da Igrexa na que cremos, a solidariedade, compartir o que temos e o que somos.

Inda así sabemos que hai xente que non é partidario deste labor, polo que, se alguén non quere compartir con nós a súa música, retiraremos as súas composicións desta web se así o pedise.

Graciñas a todos.