Na nosa terra (a)

 

 

NA NOSA TERRA

 

- Na nosa terra, regalo de Deus,

facémo-la ofrenda do pan.

O pan do noso traballo sen fin

e o viño do noso alalá.

Dentro de nós un moi fondo desexo:

ama-la xustiza e a paz.

Saber que virás, saber que estarás,

partíndolle ós pobres o pan.

 

- A escravitude da xente labrega

envolta en traballo e suor;

a súa arela aberta e sinceira,

chegar a un futuro mellor.

Unha Galiza esperta e erqueita

nos brazos dos homes de ben.

 

- A forte loita de tanto emigrante,

o esforzo dos homes do mar;

bágoas dos vellos que morren soíños

e cansos de tanto bregar.

Na bandeixiña da nosa oblación

acepta a vida, Señor.

 

--------------------------------------------------------------------

NA NOSA TERRA

RE       SOL       fa#      si

- Na nosa terra, regalo de Deus,

RE         SOL         LA

facémo-la ofrenda do pan.

RE         SOL        fa#    si

O pan do noso traballo sen fin

RE          mi       LA   +7

e o viño do noso alalá.

RE          SOL       fa#        si

Dentro de nós un moi fondo desexo:

RE          SOL      LA

ama-la xustiza e a paz.

 

mi                 LA7       RE                si

Saber que virás, saber que estarás,

mi                       LA7         RE 

partíndolle ós pobres o pan.

 

- A escravitude da xente labrega

envolta en traballo e suor;

a súa arela aberta e sinceira,

chegar a un futuro mellor.

Unha Galiza esperta e erqueita

nos brazos dos homes de ben.

 

- A forte loita de tanto emigrante,

o esforzo dos homes do mar;

bágoas dos vellos que morren soíños

e cansos de tanto bregar.

Na bandeixiña da nosa oblación

acepta a vida, Señor.

 

Contacto

Nosanaicinhadoceo

PARA PEDIR PARTITURAS OU O QUE SE NECESITE, ESTE É O MAIL DE CONTACTO. ESTAMOS PARA AXUDAR.

UNHA PETICIÓN

Moitas veces os grupos e parroquias recollen nos seus cancioneiros a música que van aprendendo e recollendo de diferentes fontes. Moitas destas cancións, por unha ou outra razón, van perdendo a autoría o que é unha verdadeira mágoa. Disfrutamos dos cantos, pero non dos autores, e xa que con esto da música non é fácil que a xente gañe cartos (si, os músicos tamén comen) e moito menos se é música relixiosa e, por riba, en galego; polo menos desde aquí queremos que os seus esforzos e o seu traballo queden recoñecidos.

Non é por falta de interés que algúns destes autores non aparezan nos cantos, xa que intentamos buscar e preguntar por diferentes medios. Tampouco é fácil conectar cos autores da nosa música, nin no facebook (supoñemos que moitos deles non están sequera conectados).

É por iso que queremos facer unha petición ós autores, ós seus grupos, ós seus familiares... que se poñan en contacto con nós para indicarnos os cantos dos que sabedes, de seguro o autor. Hai varios nos que aparecen o grupo que cantou os seus cantos ou simplemente aparece como "popular", ... precisamente para eses pedimos a vosa colaboración e que ninguén se sinta ofendido por non ver o seu nome.

Por outra banda, queremos deixar claro que nesta páxina non gañamos nin un peso coa música que aquí aparece; para nós este é o noso cancioneiro e a nosa parroquia toda Galicia, e con todos queremos compartir. O noso labor só é divulgativo... porque ese é o valor principal da Igrexa na que cremos, a solidariedade, compartir o que temos e o que somos.

Inda así sabemos que hai xente que non é partidario deste labor, polo que, se alguén non quere compartir con nós a súa música, retiraremos as súas composicións desta web se así o pedise.

Graciñas a todos.