NOSA SEÑORA DOS FOGARES
NOSA SEÑORA DOS FOGARES
(Antón Fdez. León)
1. Virxe, doncela escolleita
para enchelo mundo baleiro de Deus.
Ti, Nai, de tantos fogares,
dáno-la tenrura para ser colleita de amor.
Sé a fonte da ilusión
de quen vén onda Ti para pedirche protección.
NOSA SEÑORA, NAI DOS FOGARES,
ACOMPAÑA O NOSO PROXECTO DE AMOR COMPARTIDO.
SÉ TI A ESTRELA QUE A XESÚS NOS GUÍE
PARA FACER NO NOSO CAMIÑO “O QUE EL NOS DIGA”
2. Naiciña, en Caná aquel día,
vixiando atenta, acudiches a El.
Ti es segura presencia
cando a vida se troca en rutina que nos vai vencer.
Sé a Palabra que nos lembre:
“Enchede ata enriba as vosas tinas coa fe”