ACLAMACIÓNS/ANTÍFONAS
As Aclamacións son chamadas de atención ó Señor nas que reclamamos a súa presenza nas nosas vidas, a súa atención. Son chamadas dun pobo, unha Igrexa orante que chama por Deus nunha soa oración comunitaria.
As Antífonas son as frases que repetimos nunha oración, nun salmo. Remarcan a unidade da Igrexa e unen a toda asamblea nunha soa voz, nunha soa intención: de grazas, de perdón...