Benvidos á nosa website

"Nosa Naiciña do ceo"

 

Como un pasiño máis e para completar o labor que comezamos coa páxina web de liturxia e o blog, xanostesaqui , recollemos nesta páxina a música relixiosa en galego que poidemos atopar. Inda que a idea, o traballo de compilación, escritura e construción da páxina recaeu en min, -penso que por algunha razón que eu descoñezo (so El saberá porque)-, esta páxina non vería a luz sen a axuda de persoas, grupos e parroquias que enviaron os seus cancioneiros, notas para guitarra, partituras... que estamos xuntando e subindo pouco a pouco á rede para que a xente coñeza, aprenda e cante todas estas cancións.

Unha das cousas máis dolorosas desde que comezamos este traballo foi escoitar, por boca de xente que xa hai moito tempo que está comprometida con esta Igrexa de Galicia, que non había cantos en galego para as celebracións e que por iso non se cantaban. Está claro que algo fixemos mal se levamos recollidas máis de 400 cancións e a xente non as coñece, e me consta que hai moitas máis.

 

Animádevos a compartir

Non pretendemos ser os únicos que se propoñan esta fin de compartir celebracións, cancioneiros, oracións..; oxalá moitos profes de relixión, moitas parroquias, moitos coros, moitos músicos, moitos catequistas, parroquias, dioceses... se animen a escribir e compartir un pouco do que teñen en galego. Non queremos impoñer, senón facer que a xente se decate da necesidade que temos de falar con Deus na nosa lingua. Como lle explicamos a un neno que fala en galego co seu pai, que co Pai do ceo non pode falar así?

 

Deus é tan omnipotente... que ata fala en galego !!! Faládelle vós tamén.

 

Recibide unha grande e fraternal aperta desde Mondariz.

Esperamos a vosa colaboración.

 

                                                                                                                                                                                                Nuria M. Núñez E.

 

 

 

 

 

 

NOTA: Xa sabedes que en internet non admiten o ñ, por iso o nome da nosa web é con "nh"

 

Conecta co noso blogue de catequese

xanostesaqui.blogspot.com

 

--------------------

A nosa web de orixe 


xanostesaqui.webnode.es

 

A Biblia galega 

www.abibliagalega.com/

 

Os nosos vídeos 

www.youtube.com/channel/UCUZplOxqnhWk6TrHoMr3tWQ

 

Novo blogue

onlypanxolinhas2.blogspot.com.es/
 

 

 

 

Inicio

Dedicatoria

03.09.2011 10:00
Unha lembranza especial ó meu colexio da Compañía de María de Vigo onde aprendín moitas das cancións en galego que compartín con vós, en especial ó coro, Madre Pilar e compañeiras, das que tanto disfrutei.

Contacto

Nosanaicinhadoceo

PARA PEDIR PARTITURAS OU O QUE SE NECESITE, ESTE É O MAIL DE CONTACTO. ESTAMOS PARA AXUDAR.

UNHA PETICIÓN

Moitas veces os grupos e parroquias recollen nos seus cancioneiros a música que van aprendendo e recollendo de diferentes fontes. Moitas destas cancións, por unha ou outra razón, van perdendo a autoría o que é unha verdadeira mágoa. Disfrutamos dos cantos, pero non dos autores, e xa que con esto da música non é fácil que a xente gañe cartos (si, os músicos tamén comen) e moito menos se é música relixiosa e, por riba, en galego; polo menos desde aquí queremos que os seus esforzos e o seu traballo queden recoñecidos.

Non é por falta de interés que algúns destes autores non aparezan nos cantos, xa que intentamos buscar e preguntar por diferentes medios. Tampouco é fácil conectar cos autores da nosa música, nin no facebook (supoñemos que moitos deles non están sequera conectados).

É por iso que queremos facer unha petición ós autores, ós seus grupos, ós seus familiares... que se poñan en contacto con nós para indicarnos os cantos dos que sabedes, de seguro o autor. Hai varios nos que aparecen o grupo que cantou os seus cantos ou simplemente aparece como "popular", ... precisamente para eses pedimos a vosa colaboración e que ninguén se sinta ofendido por non ver o seu nome.

Por outra banda, queremos deixar claro que nesta páxina non gañamos nin un peso coa música que aquí aparece; para nós este é o noso cancioneiro e a nosa parroquia toda Galicia, e con todos queremos compartir. O noso labor só é divulgativo... porque ese é o valor principal da Igrexa na que cremos, a solidariedade, compartir o que temos e o que somos.

Inda así sabemos que hai xente que non é partidario deste labor, polo que, se alguén non quere compartir con nós a súa música, retiraremos as súas composicións desta web se así o pedise.

Graciñas a todos.