Libro de visitas
Grazas
José María López | 18.08.2020
Moitas grazas por esta estupenda recompilación de cancións en galego, é moi útil. Unha aperta do coro da parroquia de Santo Domingo de Ourense
Re: Grazas
Nuria M. Núñez | 13.03.2022
Grazas a vós por cantar en galego. Se non cantamos nós quen o vai facer? Ben merece Deus que o loemos na nosa lingua tamén, no espírito de Pentecostés. Apertas.
autor de cinco cancións nos encontros de Poio
Manuel Rico Verea | 07.06.2020
manuelricoverea@gmail.com
Non aparezo na lista de autores.
Saúdos
Re: autor de cinco cancións nos encontros de Poio
Nuria | 20.06.2020
Desculpa o erro, Manuel, xa estás incluído. Grazas por avisar
Noraboa!!!
xose ramon castro | 28.01.2020
Son do Coro Parroquial de Silleda. Moitas grazas por o labor que facedes. Unha aperta.
Re: Noraboa!!!
Nuria N. | 25.02.2020
Grazas a vós por cantar e rezar en galego. Estamos para o que necesitedes
Felicitacion
Carlos de Blas Armada | 24.03.2018
Que ledicia percorrer a vosa fermosa páxina. dende os" madriles...".
Os meus netos,ainda que non son galego-falantes,xa están aprendendo algunas panxoliñas.
Forte aperta.
Re: Felicitacion
Nuria N. | 24.03.2018
Que alegría me dás!! Alégrome que sirva apara unir á familia...
Unha aperta grande