Colaboradores
Queremos da-las grazas a todos aqueles que quixeron compartir con nós os seus cantos ou cancioneiros, ós que nos enviaron os seus cantos coas notacións de guitarra e, como non, a todos os que con humildade axudan ós seus grupos e parroquias a celebrar con fe, ledicia e esperanza cristiá.
Moitos dos que cantan nas parroquias non saben moito de música pero si de falar con Deus desde o corazón, e poñen ó seu dispor e ós da súa xente a súa voz, o seu tempo e a súa boa vontade. Especialmente a estos adicamos esta páxina web.
A maioría dos cantos que se recollen nesta web pertencen ó cancioneiro galego máis utilizado e que nos foi facilitado por un dos seus autores; ós dous, Vicente Casas Trasancos e Xosé Fco. Martínez Reboiras, dámoslle-las grazas polo seu traballo, en especial a Reboiras por compartilo.
Non podemos esquecer a amabilidade, a paixón e a paciencia de Xesús Portas, a colaboración desinteresada de Antón Fernández León e a xenerosidade de Víctor cos seus vídeos. Tampouco a ledicia que nos transmitiron desde a Comunidade Carismática de Caná, que compartiron con nós o seu cantoral en galego.
Á parroquia de Coia (Vigo) e á parroquia da Franqueira (A Cañiza) por deixarnos engardir os seus cantos. E á parroquia do Sagrado Corazón de Vigo que nos enviou tódalas notacións musicais do seu cancioneiro.
Desde Portugal ós Maristas, que nos enviaron o cantoral dos seus colexios, e por aí comezaremos a conectar cos irmáns portugueses.
Moitas gracias tamén a Miguel Castaño, que nos cedeu algunha das súas fotos para a nosa música galega, imaxes con alma cristiá. Damos a benvida a Óscar Valado e agradecémoslle as novas aportacións e o entusiasmo que pon na súa música.
Eu, desde a parroquia de Santa Baia de Mondariz (Pontevedra), recollín estes cantos e engadín o pouco que puiden para compartilo con vós.
Unha grande aperta. Nuria.