Libro de visitas

Re: Moitas felis polo teu aniversario!

Carlos Platas Seixas | 08.04.2013

Para Nuria Núñez.

Re: Interesando datos

Milucha Pena | 26.02.2014

Querida Nuria:
Vou probar e se teño sorte podo poñerme en contacto contigo desta maneira pois trato de atopar a maneira de contar con "xanostesaqui"gmail.com, pero no no debo facer ben que non son capaz.
Xa outra vez me puxen en contacto contigo pero non sei como o fixen.
O caso e que me gusta moito a vosa páxina por ter cantos da igrexa en galego. Eu na miña parroquia e outras cuantas amigas, cantamos de forma informal, quero dicir sin instrumentos de ningún tipo nin nada, soio cantamos. Sempre trato de conseguir cantos en galego para a Misa pero non é doado, por iso esta páxina vosa é una maravilla, o malo é que non sei a música.
A miña pregunta é onde podo conseguir a música destes cantos? ou podo ter a maneira de conseguir estes cantos en DVD?.
Non sabes canto me gustaría poder ter a música dos mesmos, pois a letra xa a podo conseguir na páxina.
Recibe un cordial saúdo. Perdoa polo intrusismo aproveitándome deste correo doutra persoa.

Emilia Pena Ramas
Trazo (A Coruña)

Re: Re: Interesando datos

Nuria M Núñez | 15.05.2014

Disculpade a tardanza, non sei como se me despistou o voso escrito. De todas formas creo que a espera mereceu a pena polas boas novas: acabo de comezar a subir a youtube vídeos das cancións que algúns irmáns me foron enviando, pareceume o xeito máis sinxelo para chegar a vós.

Vou poñendo as ligazóns en cada canción, pero en breve farei un novo apartado na páxina coa lista dos vídeos que vou subindo.

Tomade nota da canle: https://www.youtube.com/channel/UCUZplOxqnhWk6TrHoMr3tWQ

Coma sempre, dáme moito traballiño pero creo que a necesidade o merece.

Unha aperta.

PD Creo que o único problema é que non escribiches ben o correo, parece que falta a @ e sobran as " . Sorte a próxima vez...

Re: Moitas felis polo teu aniversario!

Nuria | 03.05.2013

Gracias, Carlos, sempre tan pendente, non coma min que mira o que tardo en agradecercho.

Gracias por facerme un oco no corazón.

De nada!

Carlos Platas Seixas | 15.05.2013

Sempre penso que unha persoa se pode despistar ou deixa-los agradecementos para máis tarde polas súas ocupacións e responsabilidades. Nunca hai que xulgar.
O importante é que chegue a felicitación e, se non chega, sempre haberá outros momentos de encontro.
Graciñas a ti pola túa amabilidade.

Saludos Felicitaciones

Ángel Zamora Vázquez (Anxo Zamora) | 03.04.2013

Sentolo moito. Eu non falo galego... Me alegro de encontrar algunas músicas mías, con letra de Xurxo Gude (que hicimos para sus niños de la parroquia de Marín, cuando ambos éramos estudiantes...) y saber que han servido para ayudar a la liturgia... (Xa nos tes aquí, Cantarei, Lembrademe...).
Un cordial saludo desde Asturias

Re: Saludos Felicitaciones

Nuria | 03.05.2013

Moitas gracias a ti, con máis motivo se non falas galego, é unha honra, o canto "Xa nos tes aqui" é o que para min define o que é un canción para a catequese: alegre, sinxela e con corazón e, a maiores, adicada a María... non dubido que firma tamén "unha pombiña" que andaba escoitándovos...

Unha grande aperta.

Felicidades por esta xoia

Carlos Platas Seixas | 16.02.2012

Ola. Descubrín esta páxina da man Olga López Míguez e é unha grande axuda, porque nós temos tódolos domingos dúas misas en galego e cómpre todo o material posto aquí para os ensaios musicais. A ver se conseguimos máis misas en galego. Unha aperta moi grande.

Re: Felicidades por esta xoia

Nuria | 20.02.2012

Alégrame que vos sirva, a ver se vos animades a gravar as vosas misas e así aumentamos os vídeos, que andan moi escasos (son moi necesarios para os que só saben acompañar con guitarras e non len partituras).

Graciñas por contestar

Carlos Platas Seixas | 07.03.2012

Graciñas por contestar tan amablemente. Para gravar, habería que contar coa autorización de moita xente, habitualmente renuente, e ademais está a complicación actual da protección de datos.
Un saúdo moi cordial, graciñas por estardes aí. Un bico.

<< 4 | 5 | 6 | 7 | 8 >>
Nuevo comentario

Contacto

Nosanaicinhadoceo

PARA PEDIR PARTITURAS OU O QUE SE NECESITE, ESTE É O MAIL DE CONTACTO. ESTAMOS PARA AXUDAR.

UNHA PETICIÓN

Moitas veces os grupos e parroquias recollen nos seus cancioneiros a música que van aprendendo e recollendo de diferentes fontes. Moitas destas cancións, por unha ou outra razón, van perdendo a autoría o que é unha verdadeira mágoa. Disfrutamos dos cantos, pero non dos autores, e xa que con esto da música non é fácil que a xente gañe cartos (si, os músicos tamén comen) e moito menos se é música relixiosa e, por riba, en galego; polo menos desde aquí queremos que os seus esforzos e o seu traballo queden recoñecidos.

Non é por falta de interés que algúns destes autores non aparezan nos cantos, xa que intentamos buscar e preguntar por diferentes medios. Tampouco é fácil conectar cos autores da nosa música, nin no facebook (supoñemos que moitos deles non están sequera conectados).

É por iso que queremos facer unha petición ós autores, ós seus grupos, ós seus familiares... que se poñan en contacto con nós para indicarnos os cantos dos que sabedes, de seguro o autor. Hai varios nos que aparecen o grupo que cantou os seus cantos ou simplemente aparece como "popular", ... precisamente para eses pedimos a vosa colaboración e que ninguén se sinta ofendido por non ver o seu nome.

Por outra banda, queremos deixar claro que nesta páxina non gañamos nin un peso coa música que aquí aparece; para nós este é o noso cancioneiro e a nosa parroquia toda Galicia, e con todos queremos compartir. O noso labor só é divulgativo... porque ese é o valor principal da Igrexa na que cremos, a solidariedade, compartir o que temos e o que somos.

Inda así sabemos que hai xente que non é partidario deste labor, polo que, se alguén non quere compartir con nós a súa música, retiraremos as súas composicións desta web se así o pedise.

Graciñas a todos.