Camiñante hai un camiño
Camiñante, hai un camiño
(Espinosa)
CAMIÑANTE, HAI UN CAMIÑO
QUE É PRECISO PERCORRER
É O CAMIÑO INTERIOR
QUE CONDUCE DEICA A FE
1. Os camiños do Señor non son feitos de pisadas:
arrancan do corazón e polas sendas da alma
vainos trazando o amor coa forza da esperanza.
2. Os camiños do Señor son a verea escondida
á que só pode levarnos a oculta sabedoría
de compartirmos cos outros ilusións e alegrías.
3. Os camiños do Señor están feitos de silencio
pois a palabra de deus soamente rexa dentro
dos que non deixan que o luxo atorde os seus sentimentos.