Na tardiña baixa da vida
NA TARDIÑA BAIXA DA VIDA
(Cesáreo Gabarin- Adap. Xesús Portas)
NA TARDIÑA BAIXA DA VIDA
HAN EXAMINARME DE AMOR (2)
- Se lle di comida ó famento,
se o sedento din de beber;
se fun ve-lo preso á cadea
e seo camiñante hospedéi.
- Se fun quen de dar un consello,
se a quen vin chorar consoléi,
se nos máis cativos e pobres
co Seño Xesús me atopéi.
- Podo do divino e do humano
en estrañas linguas falar;
se non teño amor, son talmente
coma o badalar da campá.
- Podo coñece-los misterios,
podo ser profeta ou doutor;
podo pola fe mover montes,
se non teño amor, nada son.
- Podo consumir en esmolas
o meu capital e os meus bens,
pódome deixar queimar vivo:
se non teño amor, que máis ten?