Pescador de homes (a)

 

 

PESCADOR DE HOMES

 

- Ti, achegácheste á beira

non buscaches a sabios nin ricos

somentes queres que eu te siga.

 

Señor, Ti miráchesme ós ollos

e sorrindo dixeche-lo meu nome

e na area, deixei a miña barca,

xunta Ti buscarei outro mar.

 

- Ti, sabes ben o que teño,

na miña barca non hai ouro ou espadas

tan so as redes e o meu traballo.

 

- Ti, queres as miñas mis mans,

o meu cansazo que a outros descanse

amor que queira seguir amando...

 

- Ti, pescador doutros lagos,

ansia eterna de homes que esperan

o bo amigo, que así me chamas...

 

-----------------------------------------------------------

 

PESCADOR DE HOMES

 

RE        LA                  RE + 7

- Ti, achegácheste á beira

             SOL       LA

non buscaches a sabios nin ricos

         RE      LA            RE       + 7

somentes queres que eu te siga.

 

 SOL                                     FA#m

Señor, Ti miráchesme ós ollos

mi         LA                  RE      +  7

e sorrindo dixeche-lo meu nome

SOL                               FA·m

e na area, deixei a miña barca,

mi          LA                         RE

xunta Ti buscarei outro mar.

 

- Ti, sabes ben o que teño,

na miña barca non hai ouro ou espadas

tan so as redes e o meu traballo.

 

- Ti, queres as miñas mis mans,

o meu cansazo que a outros descanse

amor que queira seguir amando...

 

- Ti, pescador doutros lagos,

ansia eterna de homes que esperan

o bo amigo, que así me chamas...

 

Contacto

Nosanaicinhadoceo

PARA PEDIR PARTITURAS OU O QUE SE NECESITE, ESTE É O MAIL DE CONTACTO. ESTAMOS PARA AXUDAR.

UNHA PETICIÓN

Moitas veces os grupos e parroquias recollen nos seus cancioneiros a música que van aprendendo e recollendo de diferentes fontes. Moitas destas cancións, por unha ou outra razón, van perdendo a autoría o que é unha verdadeira mágoa. Disfrutamos dos cantos, pero non dos autores, e xa que con esto da música non é fácil que a xente gañe cartos (si, os músicos tamén comen) e moito menos se é música relixiosa e, por riba, en galego; polo menos desde aquí queremos que os seus esforzos e o seu traballo queden recoñecidos.

Non é por falta de interés que algúns destes autores non aparezan nos cantos, xa que intentamos buscar e preguntar por diferentes medios. Tampouco é fácil conectar cos autores da nosa música, nin no facebook (supoñemos que moitos deles non están sequera conectados).

É por iso que queremos facer unha petición ós autores, ós seus grupos, ós seus familiares... que se poñan en contacto con nós para indicarnos os cantos dos que sabedes, de seguro o autor. Hai varios nos que aparecen o grupo que cantou os seus cantos ou simplemente aparece como "popular", ... precisamente para eses pedimos a vosa colaboración e que ninguén se sinta ofendido por non ver o seu nome.

Por outra banda, queremos deixar claro que nesta páxina non gañamos nin un peso coa música que aquí aparece; para nós este é o noso cancioneiro e a nosa parroquia toda Galicia, e con todos queremos compartir. O noso labor só é divulgativo... porque ese é o valor principal da Igrexa na que cremos, a solidariedade, compartir o que temos e o que somos.

Inda así sabemos que hai xente que non é partidario deste labor, polo que, se alguén non quere compartir con nós a súa música, retiraremos as súas composicións desta web se así o pedise.

Graciñas a todos.